A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra ao 7 de xaneiro un total de 735 casos activos de coronavirus, o que supón 8 menos que a xornada anterior.
Así o reflicte o balance oficial feito público polo Servizo Galego de Saúde, do que se desprende a detección de 50 novos contaxios na área pontevedresa.
En canto á presión hospitalaria, permanecen ingresadas un total de 56 persoas positivas por Covid, das que 10 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (37) e o Hospital do Salnés (9).
Desde o inicio da pandemia superaron a Covid 6.435 pacientes da área sanitaria, 58 máis que o mércores, rexistrándose 83 falecementos asociados ao virus.
No que respecta a as probas PCR, nas últimas horas realizáronse 742 que se engaden ás 118.495 efectuadas con anterioridade.
A nivel autonómico o número de casos activos en Galicia ao 7 de xaneiro é de 6.700, cun incemento de 296.