Ata 520.000 euros. Ese é o orzamento que terán as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP-8404 Piñeiro-Arcos, no término municipal de Cuntis.
O obxectivo desta actuación, segundo o goberno provincial, será o de mellorar a capacidade que ten esta estrada na actualidade, garantindo en todo momento a seguridade viaria.
Os traballos desenvolveranse nun tramo de algo máis de 400 metros desta estrada.
Neste espazo, procederase a sanear e fresar a capa de rodaxe, que se atopa en mal estado na actualidade, estenderase unha nova capa de formigón bituminoso e repoñerase a sinalización horizontal e vertical.
A estrada provincial EP-8404 entre Piñeiro e Arcos ten unha lonxitude de 3.416 metros.
Actualmente, non ten a capacidade portante adecuada e, mediante a actuación prevista, farase un asfaltado que cubra o estado deficiente da vía.