Pontevedra xa está en tempo de desconto para a súa cita festiva máis multitudinaria, a Feira Franca, que este ano se celebrará os días 5 e 6 de setembro.
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, anunciou esta fin de semana que nesta edición, a temática á que se adicará a festa será 'As meigas'.
Ademais, a partir do luns 16 de xuño a Concellaría de Festas abrirá o prazo para solicitar espazos de xantares e ceas, postos do mercado medieval e para a hostalaría no casco histórico durante a Feira Franca 2025.
O prazo para solicitar esa participación máis activa estará aberto un mes, até o 16 de xullo.
As persoas interesadas poderán pedir os espazos presencialmente e de xeito telemático a través dos formularios habilitados na web. Para calquera dúbida tamén poden remitir un correo electrónico a [email protected].
Para presentar as solicitudes presencialmente, haberá que facelo na Oficina da Feira Franca, que nesta ocasión trasladouse ás oficinas municipais de Cultura do Teatro Principal.
A atención ao público será de 10 a 14 horas e accédese pola rúa Don Filiberto.