Meis acollerá a primeira planta de agrocompostaxe do Salnés.
Trátase dunha iniciativa das cooperativa Adegas Martín Códax que conta co respaldo da Deputación de Pontevedra dentro do seu programa de impulso á xestión sostible de residuos.
Esta planta permitirá a revalorización dos subproductos xerados na elaboración do viño.
A planta situarase na leira de investigación de Meis, Pé Redondo, e centrarase no tratamento de residuos orgánicos procedentes da actividade vitivinícola, como o bagazo e o raspón da uva, así como na incorporación de restos orgánicos dos municipios do Salnés, nunha porcentaxe que se definirá en colaboración coa Deputación.
Estímase que esta instalación permitirá producir ao redor de 3.300 toneladas de compost ao ano, o que cubrirá aproximadamente o 30% das necesidades de fertilización das 400 hectáreas de viñedo da adega e os seus socios.
Este proxecto piloto podería servir de referencia para outras zonas e contribuír a unha maior concienciación sobre a importancia da compostaxe como alternativa á incineración e outros modelos de xestión de residuos menos sostibles.
Miguel Tubío, director técnico de Adegas Martín Códax: "a intención nunca foi ter unha planta propia, senón lograr a circularización de todos os residuos da adega".
"Trátase de devolver estes restos á terra, á súa orixe", engadiu.