Meis reparte o "Bolo Pascual" máis solidario

O Salnés
19 de abril 2020

Despois de quedar sen celebrar a Romaría das Cabezas, a Asociación Cultural de San Gregorio empeñouse en non perder a tradición do bolo que se prepara con motivo da festa de San Gregorio. Nesta ocasión o doce é un pouco máis pequeno, con 900 ovos fronte aos 6.000 que adoita levar e que cociña Panadería Paradela

Bolo Pascual
Bolo Pascual

Este domingo no concello de Meis entregaranse os primeiros lotes de alimentos xunto co "Bolo Pascual", que de maneira benéfica doou a Asociación Cultural de San Gregorio para dar ás persoas máis necesitadas do municipio. 

Despois de quedar sen celebrar a Romaría das Cabezas, esta asociación empeñouse en non perder a tradición do bolo que se prepara con motivo da festa de San Gregorio. Nesta ocasión o doce é un pouco máis pequeno, con 900 ovos fronte aos 6.000 que adoita levar e que cociña Panadería Paradela.

A agrupación local de Protección Civil encargarase da súa repartición.

Desde o Concello de Meis, a alcaldesa Marta Giráldez destacou a solidariedade que están a demostrar os veciños, agradecendo as achegas que se fixeron ao banco de alimentos, especialmente á Asociación de Mulleres Rurais O Salnés, ao Anpa do Colexio Rural Agrupado de Meis e á Asociación Cultural A Vertula, pola súa implicación neste proxecto solidario.

Igualmente agradeceu ás adegas Laureatus, Terras de Asorei e Mar de Frades, por regalar as caixas nas que se farán as entregas.