Mellora a calidade da auga en Baltar, que volve ser apta para o baño, pero non nas outras tres praias afectadas

Sanxenxo
21 de agosto 2020

El Concello mantiene desde el miñercoles la recomendación de no bañarse en las playas de Caneliñas, Nanín y Panadeira por presencia agentes nocivos para la salud humana en sus aguas

Bañistas na praia de Baltar (Sanxenxo)
Bañistas na praia de Baltar (Sanxenxo) / Diego Torrado

O Concello de Sanxenxo levanta as restricións ao baño impostas na praia de Baltar o mércores despois de que a última analítica desvelase a redución de axentes contaminantes. Pola contra, nas outras tres praias afectadas, as de Caneliñas, Panadeira e Nanín; a recomendación de non bañarse mantense debido a que a presenza de patóxenos segue sendo elevada.

Os técnicos de Sanidade seguirán analizando de forma periódica as augas destes areais ata que os niveis bacterianos deixen de supoñer unha ameaza para a saúde dos bañistas.

Desde o Concello achacan o aumento destes niveis de contaminación ao arrastre provocado polas choivas dos últimos días e descartan que se trate dunha vertedura localizada.

Nos accesos aos areais afectados, os usuarios poden atoparse con sinais e carteis informando da recomendación de evitar o baño pola presenza de microbios contaminantes.

Esta situación non afecta só a Sanxenxo. No que vai de mes de agosto, as análises de Sanidade detectaron presenza excesiva de bacterias intestinais en 21 praias da comunidade, entre as que se atopan tamén dous areais de Vilanova de Arousa e Vilagarcía, que xa foron solucionados.