A mellora das rúas da contorna do mercado de Sanxenxo entra na súa recta final

Sanxenxo
15 de decembro 2025

O tráfico rodado desviarase en momentos puntuais dos traballos polas rúas Cesteiros, Panadeira e paso inferior de Rúa Madrid, segundo informou o goberno municipal

Obras de mellora nas rúas da contorna do mercado de Sanxenxo

Co fresado previo á pavimentación. Así comezou a fase final das obras de mellora de todas as rúas situadas na contorna do mercado de Sanxenxo.

Estes traballos arrancaron este luns co fresado nas rúas Viña da Fonte e Cesteiros, o que obrigou en momentos puntuais a desviar o tráfico por Rúa Panadeira que se habilitou como saída.

A previsión é que mañá martes comecen as tarefas de pavimentación en ambos os viarios e poder iniciar o fresado en Panadeira. Para iso, a saída poderase realizar polo paso inferior de Rúa Madrid.

Xa o mércores se dará comezo ao asfaltado da Rúa Panadeira e o fresado da Rúa Progreso, que culminará coa pavimentación da mesma este xoves.

Ademais da ampliación de beirarrúas, o proxecto inclúe a renovación da iluminación, a sinalización e o sistema de drenaxe.

Obras de mellora nas rúas da contorna do mercado de SanxenxoConcello de Sanxenxo

Un dos cambios máis visibles será o traslado dos semáforos do cruzamento da Rúa do Progreso, que se recolocarán xunto aos novos pasos de peóns e adaptarán as súas ópticas.

Ademais, prevese instalar unha varanda na Rúa Progreso para impedir aos peóns que crucen a calzada por zona non habilitada, do mesmo xeito que na Rúa Viña da Fonte, na plazoleta, co obxectivo de protexer o desnivel entre a praza e a nova beirarrúa.

Tamén está prevista a colocación de bancos, papeleiras e a creación de dúas novas zonas axardinadas.

O proxecto completarase con novos bancos, papeleiras e dúas áreas axardinadas que contribuirán a mellorar a imaxe e a funcionalidade deste punto crave do municipio.

Con estas actuacións, o Concello pretende non só actualizar infraestruturas básicas, senón tamén facer máis agradable e accesible esta zona para veciños e visitantes.

Obras de mellora nas rúas da contorna do mercado de SanxenxoConcello de Sanxenxo

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora