Melloras para a Casa do Pobo 'Suso Vaamonde' de Regodobargo

Ponte Caldelas
25 de outubro 2020

O Concello de Ponte Caldelas adxudicou as obras de mellora nesta instalación veciñal

Casa do Pobo 'Suso Vaamonde' de Regodobargo Concello de Ponte Caldelas

Apenas un día despois de anunciar a adxudicación das obras de mellora na Casa do Pobo da Roca, o Concello de Ponte Caldelas fixo o propio con outra destas instalacións veciñais.

Trátase nesta ocasión da Casa do Pobo 'Suso Vaamonde' de Regodobargo, cuxa mellora foi tamén adxudicada a Construcións Andrimaiva SL por valor de 27.599,44 euros.

En concreto o goberno local pretende posibilitar a organización dun maio número de actividades no centro social, e para iso habilitarase unha zona con equipamentos e acabados adecuados, tales como paredes alicatadas, gres de procelana no chan, falso teito, carpintería de aluminio, instalación eléctrica, estufa de pellets e equipamento completa de cociña.

As obras contan cun prazo de execución de seis semanas e unha garantía de dous anos.