Menos nobres e máis campesiños, a crise marca tendencia na Feira Franca

Pontevedra
05 de setembro 2013

Nas tendas de teas e nas de traxes de época notouse un descenso de vendas nestes días previos ao inicio da edición deste ano da Feira Franca en relación cos anos anteriores. Os comerciantes cren que a crise está a obrigar a reutilizar traxes de anos anteriores e os que adquiren novos buscan vestiarios cómodos e baratos

Proba de traxe medieval en Disfraces Teucro
Proba de traxe medieval en Disfraces Teucro /

Este ano, a nobreza medieval que todos os anos frecuenta as rúas de Pontevedra durante a recreación da Feira Franca corre o risco de verse arrastrado pola revolución campesiña que a crise espertou nos últimos tempos. Así o afirman nos puntos habituais para o aluguer ou compra de traxes da época e de adquisición de teas para a xa tradicional cita pontevedresa co medievo.

Elena Suárez, propietaria de Disfraces Teucro afirma que "lo que se busca ahora es comodidad" e Eva Ruibal de Telga asegura que "ya no quieren nada de damas ni grandes galas. Buscan lo sencillo, trajes de campesino, lo que les resulte más cómodo". E é que a crise se nota máis nesta edición que en calquera das anteriores. "Este año va un poco más lento que otros años. La gente alquila más a última hora. Antes todo se hacía con más tiempo. Yo creo que la crisis ha influido muchísimo. Durante otros años, en vísperas de Feira Franca, solo hacíamos entregas porque ya estaba todo reservado y teníamos lista de espera de reservas. Eso se acabó. Ahora tenemos el 90% del material todavía dentro", afirma Elena Suárez que viu como, nos últimos tempos, o boom do aluguer de traxes medievais que se produciu nas primeiras edicións se foi esvaecendo. Agora, os clientes prefiren a compra ao aluguer: "Antes nadie quería comprar. Ahora sí. Ha cambiado la tendencia, la gente quiere comprar y guardarlo para próximas ocasiones. Se está vendiendo a los mismos precios de los últimos años. Puedes alquilarlo por 10 euros y comprarlo a partir de 30. Se trata de una oferta que tenemos que cuenta con bastante demanda".

Eva Ruibal tamén coincide ao observar a preferencia actual dos clientes por comprar teas e elaborar os traxes "ya no se suele cambiar cada año de vestimenta. Al alquilar tienes que devolverlo, el traje no es tuyo. Así que la gente prefiere comprar las telas e incluso pagar la confección porque le saca más provecho". Eva asegura que por 20 euros xa se pode lucir un bo traxe de campesiño. "Por 15 euros", afirma un cliente noviño "me he comprado las telas para ir de templario". O rapaz mostra un tear brillante mentres recoñece que será a súa nai quen se encargue, nas próximas horas, do deseño e a confección que lle permitan transformarse nun membro da orde de cabalaría.

Son horas de trasfego para os máis demorados. Nestes establecementos agardan que nestes últimos días previos ao inicio da Feira Franca, aumente a actividade a pesar das predicións metereológicas que alertan da posibilidade de que algún chuvasco descargue durante o sábado. "Hemos tenido años de llover a chuzos. Yo me ponía enferma, un dolor de estómago... Lo pasaba fatal. Ahora ya no miro el tiempo. La lluvia no creo que sea un obstáculo para la fiesta" asegura cun sorriso Elena Suárez entre os graffitis con motivos medievais e os manequíns con vestimentas propias dos séculos XV e XVI. Entende que este evento se converteu nun referente para o turismo peninsular: "Nosotros tenemos clientes de fuera, de Sevilla, de Portugal... Hay gente que pasa por la ciudad y le llama la atención tanto los trajes como la decoración. Y al final deciden alquilar y quedarse a la Feira Franca".

A tea de saco é unha das principais demandas en Telga para a decoración durante estes días. A máis económica conta cun prezo de 3,50 euros o metro. Os clientes tamén mostran a súa predilección polos produtos de pasamanería. Cordóns, borlas, flocos e outros adornos dourados ou prateados móvense entre os 0,60 e os 3 euros o metro. Véndense durante todo o ano pero, nestas datas, son artigos que contan con especial querencia entre os aspirantes a vestirse de nobres polas rúas de Pontevedra.

E é que, como afirma Elena Suárez, "lo importante en la Feira Franca es divertirse" xa se vista un de nobre ou de vasalo.

Arquivado en