MercaCuntis suma unha guía física á web que reúne os comercios do municipio

Umia
03 de decembro 2020

Preto de douscentos establecementos comerciais de Cuntis forman parte xa de MercaCuntis, unha iniciativa do goberno municipal para apoiar o tecido económico do municipio. A través da web mercacuntis.coma>, todos os cidadáns poden consultar toda a oferta comercial da vila

MercaCuntis
MercaCuntis / PontevedraViva

Preto de douscentos establecementos comerciais de Cuntis forman parte xa de MercaCuntis, unha iniciativa do goberno municipal para apoiar o tecido económico do municipio.

A través da web mercacuntis.com, todos os cidadáns poden consultar toda a oferta comercial da vila, dunha maneira sinxela e intuitiva. Nesta plataforma, aparecen os datos de contacto de cada negocio, distribuídos por sector de actividade.

Ademais, infórmase de se o establecemento ten reparto a domicilio ou se vende os seus produtos a través do comercio electrónico, entre outras prestacións.

"Apoiar á nosa xente é fundamental para soster a economía local e máis nunha situación como a actual na que mercar en proximidade xera unha confianza tan necesaria", sinalan desde o Concello de Cuntis.

Xunto coa web, os responsables desta iniciativa decidiron editar tamén nun soporte físico unha guía cos datos necesarios para consultar ou contratar o servizo que se precise.

Desde que se puxo en marcha esta iniciativa, MercaCuntis recibiu xa máis de 12.000 visitas na súa páxina web e conta con máis de 800 seguidores no seu perfil de Facebook e 500 no de Instagram. A interacción nas redes alcanza unhas 2.000 persoas diarias.