Nesta carreira curiosa carreira por empezar co Nadal antes que os demáis se Vigo madrugou co acendido das luces Bueu non queda atrás e organiza a próxima fin de semana, 23 e 24 de novembro, un mercado de Nadal.
Será na carpa das Lagoas con preto dunha vintena de establecementos de comercio, produción local, artesanía e opcións gastronómicas diversas.
A proposta naceu dende o Concello co obxectivo de "converter As Lagoas nun centro comercial" e que a cidadanía tome conciencia do tecido local e da súa importancia.
Dende o consistorio elixiuse a fin de semana anterior ao coñecido como Black Friday, e será un mercado aberto a variados sectores e servizos, e con propostas de plans en familia, como concertos, obradoiros ou contacontos.
O mercado estará aberto tanto o sábado coma o domingo das 11 ás 22 horas, en el participarán varios comercios locais de roupa, e haberá outros de alimentación como de queixos e conservas, así como artesanía ou adornos de Nadal.
Así, dende o consistorio anímase á cidadanía a visitar o mercado dende o sábado ás 11 horas.
Ese día, ás 13 horas organizarase unha sesión vermú co grupo Covers Lovers. Xa ás 17 horas, Polo Correo do Vento ofrecerá un contacontos para público familiar, e ás 20 horas, Os Saljariteiros amenizarán a velada.
Ao día seguinte, a sesión vermú das 13 horas contará co acompañamento da música de Four Passanger. E ás 17 horas haberá un obradoiro infantil de elaboración de manualidades relacionadas co Nadal.