Militares da Brilat retornan das súas misións no Líbano e Mali

Pontevedra
22 de maio 2019

Na mañá deste mércores chegaban 215 militares ao aeroporto de Lavacolla procedentes do Líbano, mentres que na tarde deste martes regresaban 120 militares a Peinador, en Vigo, sa súa operación de Mali

Regreso dos militares da Brilat da misión no Líbano / BRILAT

Todos os militares da Brilat que formaron a Brigada Líbano XXX regresaban este mércores ao aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela ao redor das 06.30 horas da mañá. 

Un total de 215 militares chegaban co xeneral Antonio Romero, xefe da Brilat, procedían desta misión desenvolta durante os últimos meses. O xeneral González  Valerio, xefe da División  Castillejos, atopábase a pés de pista para recibir ao destacamento.

A esta recepción tamén acudían Rafa Domínguez e José Manuel Torres, os candidatos do Partido Popular e de  Vox á alcaldía de Pontevedra. Alí felicitaron aos militares polo labor desempeñado.

REGRESO DE MALI

Outra dotación de militares, formada por 120 efectivos da  Brilat, chegaban a última hora da tarde deste martes ao aeroporto de Peinador en Vigo. Neste caso, procedían de  Mali despois de seis meses despregados en Zona de Operacións.

Alí proporcionaron ao exército maliano adestramento militar e asesoramento nas cadeas de mando e control, loxística e xestión de recursos humanos, ademais de coñecementos en dereito internacional humanitario.