Entre o 12 e o 16 de maio desenvolverase a programación das Festas da Fátima en Campelo. Este luns presentábanse as principais actividades que contan coa colaboración do Concello de Poio.
Están previstas actuacións musicais e eventos divertidos, ademais de sorpresas, segundo anunción Xosé Luís Martínez, concelleiro de Festexos, acompañado por integrantes da Comisión de Festas e as concelleiras Marga Caldas e Raquel Rodríguez.
O programa iníciase o venres 12 ás 22.00 horas cun concerto de Milladoiro, que promove a Xunta de Galicia. Durante o sábado 13, agrupacións locais como Vides Novas e a Escola de Música Tradicional de Poio realizarán alboradas.
A partir das 17.00 horas comezará o Maratón de Fátima, organizada pola Asociación de Veciños de Campelo e a concellería de Deportes coa participación de máis de 200 persoas.Batucada Os Queimatasas animarán a competición que se iniciará na Praza da Granxa.
Ás 19.30 horas do sábado celebrarase a misa solemne en honra á patroa, coa intervención do Coro Virxe de Fátima de Campelo. A continuación celebrarase a tradicional posterior coa Banda de Guerra da Brilat. A Orquestra Marbella pechará a xornada.
O domingo 14 está prevista ás 11.00 horas a Andaina Popular. As inscricións estarán abertas ata media hora antes do inicio, que será na Praza da Granxa. A xornada estará amenizada polas Pandeireteiras do Ronsel e tamén haberá animación infantil. Ás 13.00 horas, o Grupo Rever ofrecerá unha actuación en sesión vermú.
París de Noia e Los Coleguitas ofrecerán o fin de festa, coincidindo co programa Primavera en Poio, durante a noite do martes 16 cun espectáculo que pechará as festas en Campelo. A capacidade de presenza do público estará limitada, segundo informan desde a organización.