A ministra de Defensa, Margarita Robles, atópase este sábado en Pontevedra onde visitou á Brilat.
O obxectivo da visita, segundo detallou, foi coñecer de primeira man a participación da Brigada 'Galicia' VII na operación 'Sentinela Galego', na que 35 patrullas terrestres militares realizan un labor de vixilancia e disuasión dos montes nun total de trinta e nove municipios.
A ministra estivo acompañada na Base "Xeneral Morillo" pola conselleira de Medio Rural, María José Gómez.
Margarita Robles asegurou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e o Exército de Terra manteranse traballando nos labores de prevención e extinción de incendios en Galicia "el tiempo que sea necesario".
En declaracións aos medios de comunicación anunciou que "tanto esta operación 'Centinela Gallego' como la UME van a estar aquí en Galicia el tiempo que sea necesario, no ya solo cuando se hayan extinguido los incendios, sino que, de alguna manera, hasta que podamos respirar un poco más tranquilos", asegurou.
A ministra tamén destacou que a cidadanía pide "unidad" e, cando as administracións traballan xuntas, son "mucho más fuertes".

Durante a súa visita Margarita Robles quixo sobre todo poñer en valor e agradecer os esforzos dos efectivos na loita contra o lume. "La UME, el Ejército de Tierra, la Infantería de Marina y el Ejército del Aire han estado volcados desde el primer día para luchar contra los incendios", sinalou .
Co recente aumento de capacidades, o total de militares despregados en os montes galegos para misións de vixilancia e disuasión ascende a máis de 300 militares, 162 na Operación 'Sentinela Gallego' e 174 na Operación Cortafuegos.
Robles tamén coñeceu os detalles do apoio loxístico que, ante a difícil situación das operacións de extinción de incendios no noroeste español, brindará a Brigada ‘Galicia’ VII á UME. Ao fío de dito apoio, que recibe o nome de ‘Operación Cortafuegos.’, a titular de Defensa sinalou: "La UME se ha volcado, con un precio importante desde el punto de vista de la integridad de sus propios miembros; llevan sin parar desde el día 2 de agosto".

Tras o paso pola sede de Brigada ‘Galicia VII’ Margarita Robles dirixiuse a Vilaboa para atoparse cos efectivos da UME despregados alí.