Mobilización sindical "en defensa dos dereitos dos policías nacionais"

Pontevedra
14 de decembro 2016

A concentración realizouse simultaneamente ao mediodía ante comisarías de toda España e, no caso de Pontevedra, foi secundada por unha vintena de axentes. Denuncian que na Comisaría de Marín, o pasado sábado viviuse a situación de que non había ningún vehículo 'Z' na rúa

Concentración do SUP ante a Comisaría "en defensa dos dereitos dos policías nacionais"
Concentración do SUP ante a Comisaría "en defensa dos dereitos dos policías nacionais" / Mónica Patxot

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) concentrouse ás portas da Comisaría da Policía Nacional da rúa Joaquín Costa "en defensa dos dereitos dos policías nacionais" e contra as vulneración "sistemática" das súas "demandas lexítimas expostas" por parte da Dirección Xeral da Policía. A concentración realizouse simultaneamente ao mediodía ante comisarías de toda España e, no caso de Pontevedra, foi secundada por unha vintena de axentes.

A protesta chega nun contexto no que o SUP xa declarou a situación de "conflito colectivo"¨ante o Ministerio do Interior tras unha aumento progresivo da "vulneración dos dereitos dos policías" que comezou coa actual quenda de traballo implantada no Corpo e culminou, segundo sosteñen, a finais de novembro cunha instrución sobre os permisos de Nadal. 

O conflito laboral afecta a todos os policías de España, pero a responsable provicial do SUP Pontevedra, Sandra Fernández, incide en que nas comisarías pequenas "nótase máis", entre elas a pontevedresa, na que xa teñen unha situación de déficit de persoal do 22 por cento. Na Comisaría de Marín, o pasado sábado viviuse a situación de que non había ningún vehículo 'Z' na rúa e todos os requirimentos tiveron que atendelos desde Pontevedra. 

Na concentración, os integrantes do SUP leron un manifesto conxunto de toda España no que indicaron que o obxectivo destas mobilizacións é instar ao Ministerio do Interior para fixar un punto de encontro no que se negocie e resólvase a "caótica situación" que se está producindo nos servizos que presta a Policía Nacional. 

Tras a concentración, responsables do SUP indicaron que na Comisaría de Pontevedra seguen vivindo outros problemas particulares asociados á falta de espazo no edificio actual. A pesar de que recentemente se trasladou o servizo do DNI e quedou o seu espazo dispoñible para outros servizos, aínda non se realizaron actuacións para recuperar as instalacións e están baleiras e sen utilizar.