Mobilización sindical polo "traballo decente"

Pontevedra
06 de outubro 2016

UXT e CCOO convocan para este venres 7 de outubro unha concentración ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra (12:00 horas), coindiciendo coa Xornada Mundial polo Traballo Decente

Manifestación do Primeiro de Maio de UGT e CC.OO.
Manifestación do Primeiro de Maio de UGT e CC.OO. / Mónica Patxot

Os sindicatos UXT e CCOO convocaron para este venres unha concentración en Pontevedra ante a "deterioro importante nas condicións dos traballadores"  experimentado nos últimos anos.

A protesta, que terá lugar ás 12:00 horas ante a Subdelegación do Goberno, coincidindo coa Xornada Mundial polo Traballo Decente que se conmemora internacionalmente desde o ano 2008.

"En vez de ir cara unha defensa do traballo decente estamos a ver o contrario, traballos que non dan para vivir dignamente", sinala o secretario comarcal de UXT en Pontevedra, Ramón Vidal.

Isto prodúcese nun momento no que "o nivel de contratación é precario", completa Eusebio Justo, de CCOO, con só un 7% de contratos indefenidos do total dos formalizados en Galicia durante o último mes.

Entre as esixencias dos sindicatos atópanse, entre outras, a "derrogación inmediata" das dúas últimas reformas laborais ou o incremento ata os 800 euros do salario mínimo.