Moita retranca na "inauguración" veciñal da avenida do Generalísimo Mosquera en Verducido

Pontevedra
22 de xullo 2017

Unha placa coa bandeira de España fai referencia ao vicepresidente da Deputación César Mosquera "que sempre levou o pobo ao seu lombo". O acto xuntou a un grupo de veciños contrarios a instalación de badéns nas parroquias pontevedresas

Veciños de Verducido participantes na "inauguración" da avenida Generalísimo Mosquera
Veciños de Verducido participantes na "inauguración" da avenida Generalísimo Mosquera

Veciños de Verducido levaron a cabo na tarde deste venres un acto crítico ante a decisión do Concello e da Deputación de instalar elevacións redutoras de velocidade en distintas vías do rural.

Neste caso, os veciños decidiron utilizar o humor e a ironía inaugurando a avenida do "Generalísimo Mosquera". Desta forma, os veciños cunha botella de cava para festexalo levaron a cabo a instalación dunha placa coa bandeira de España na que se podía ler a inscrición: "Avenida del Generalísimo Mosquera. Nacido en Verducido en 1912. Home dictador que sempre levou o pobo o seu lombo. O pobo non te olvidará".

Baixo a placa colgaron tamén unha pancarta coas fotografías do propio concelleiro pontevedrés, ademais doutros membros do goberno local como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro Demetrio Gómez, ademais do deputado Uxío Benitez.

Estes veciños denuncian o abandono das vías do rural pontevedrés con deficiencias no firme, falta de mantemento e de limpeza. Por este motivo, non entenden por que motivo instálanse os lombos antes de arranxar estas estradas.