Moraña despacha 120 carneiros ao espeto no día da súa festa

Umia
27 de xullo 2014

Desde moi cedo uns 120 carneiros, de 13 quilos de media cada un, foron crucificados xunto ás brasas para asarse lentamente, entre volta e volta, durante oito horas, para chegar ao mediodía no seu punto

Festa do Carneiro ó espeto
Festa do Carneiro ó espeto / Diego Torrado

O "Carneiro ao espeto" congregou este domingo a máis de dous mil comensais na carballeira de Santa Lucía (Moraña).

Desde moi cedo uns 120 carneiros, de 13 quilos de media cada un, foron crucificados xunto ás brasas para asarse lentamente, entre volta e volta, durante oito horas, para chegar ao mediodía no seu punto.

Este ano reserváronse 98 lotes para comer no recinto. Cada lote custou 300 euros. Estaban calculados para 20 comensais que se repartiron, ademais do carneiro asado, unha empanada de trigo de zorza, outra de bacallau con uvas pasas, catro bolos de pan, doce botellas de viño tinto, dúas botellas de viño tinto, doce botellas de auga, unha botella de salsa, café e aguardente.

As orquestas Panorama e Paraíso encargáronse de gastar as calorías do persoal.