Moraña, Marín e Sanxenxo amplían as tarefas de desinfección en zonas comúns

Marín
24 de marzo 2020

Os concellos de Moraña, Marín e Sanxenxo veñen de ampliar as tarefas de limpeza e desinfección para paliar os riscos de contaxio do coronavirus a zonas comúns e espazos céntricos do municipio que seguen a rexistrar bastante afluencia de veciños polo seu tránsito para facer compras de alimentos e mediciñas e tamén a toda a rede de contedores de lixo

Limpeza na Carballeira de Santa Lucía
Limpeza na Carballeira de Santa Lucía / Concello de Moraña

Os concellos de Moraña, Marín e Sanxenxo veñen de ampliar as tarefas de limpeza e desinfección para paliar os riscos de contaxio do coronavirus a zonas comúns e espazos céntricos do municipio que seguen a rexistrar bastante afluencia de veciños polo seu tránsito para facer compras de alimentos e mediciñas e tamén a toda a rede de contedores de lixo.

En Moraña a alcaldesa, Luisa Piñeiro, explicou que a intención é "outorgar a maior protección aos nosos veciños". Neste concello os efectivos de Protección Civil son os encargados destas tarefas.

Coa situación sanitaria que estamos a vivir, o traballo habitual de limpeza viaria viuse incrementado por iso as brigadas de limpeza están entre os servizos públicos mínimos durante a vixencia do estado de alarma.

En Marín, a alcaldesa, María Ramallo agradeceu "profundamente" que nestas tarefas aos operarios da brigada e aos voluntarios de Protección Civil, sumáronse os empregados da empresa Disgatok, que está a realizar a limpeza de maneira altruísta.

En Sanxenxo son un total de 46 os operarios de limpieza municipais os que traballan en quendas.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora