Os concellos de Moraña e Valga pedirán á Xunta de Galicia a concesión para poñer en marcha dous talleres co obxectivo de insertar ás persoas desempregadas no mercado laboral. As solicitudes están preparadas para formalizarse e espérase que os talleres comecen a finais de ano.
Os concellos realizarán as solicitudes por separado, pero en caso de ser aceptadas, os cursos faríanse de maneira conxunta. Moraña solicitará unha iniciativa para menores de 30 anos que contaría con 20 prazas e que tería as modalidades de albañilería e forestal. En cambio, Valga vai solicitar un taller para persoas maiores de 45 anos que contaría cos módulos de forestal e carpintería.
Durante o transcurso dos talleres preténdense realizar tarefas como: obras de continuidade das sendas peonís naturais; mantemento de edificios públicos; labores de preservación e coidado de espazos de valor ambiental; reparacións e melloras en patios de centros educativos; peche de carballeiras e zonas boscosas; creación de mobiliario e tratamento de madeira.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, confía en que polo menos unha das propostas saia adiante e lle dea continuidade a un proxecto que leva seis iniciativas laborais consecutivas. Os cursos realizados anteriormente permitiron a formación de 120 persoas cun orzamento de 1,7 millóns de euros.