Moreira acusa o goberno local de impedir que o enxeñeiro municipal lle explique "in situ" a obra do desdobramento

Pontevedra
24 de xuño 2015

O portavoz do Partido Popular visitou acompañado por varios concelleiros do seu grupo o vial que se abriu este mércores ao tráfico, nunha obra onde colaboraron o Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento

Concelleiros do PP con Jacobo Moreira
Concelleiros do PP con Jacobo Moreira /
Moreira lamenta que o goberno local non permitira ir ao enxeñeiro municipal a explicarlle "in situ" a obra /

Jacobo Moreira, acompañado de catro dos concelleiros do grupo municipal do PP, visitou o novo vial de desdobramento da avenida de Vigo, que este mércores abríase ao tráfico, para destacar a importancia da colaboración entre distintas administración e sinalou que esta obra era froito dun acordo entre o Ministerio de Fomento que lidera Ana Pastor e do Concello de Pontevedra.

Engadiu que o grupo municipal do PP mantivo tamén unha boa disposición para sacar adiante este proxecto. Non obstante, o portavoz do grupo municipal do Partido Popular manifestou o seu malestar porque o concelleiro Luis Bará amosou a súa oposición a que o enxeñeiro xefe acudise ata a zona para explicar aos populares a obra, cando si o fixo con varios concelleiros do goberno.

Desta forma, Moreira entende que con esta actitude pérdese o voto de confianza que tiñan dado ao BNG "porque parecía que venía con aires de fomentar la transparencia y la participación en la gestión pero era un brindis al sol porque no se ha hecho nada nuevo. Cuando pedimos una comisión parece que se han echado atrás". E engadíu que "queríamos tener las mismas posibilidades que tuvo el concejal del gobierno para que explicara la obra, pero el gobierno no quiere contar con la oposición y le queremos decir a Lores que tiene que contar con la oposición. Nosotros estamos para hacer propuestas constructivas".

Jacobo Moreira entende que os cidadáns trasladaron ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores nas municipais que o seu mandato ten que estar fiscalizado e debe contar coa oposición, "pero el BNG no parece haber tomado nota de esto", indicou o portavoz popular.

O motivo empregado polo concelleiro de Obras Urbanas, Luis Bará, para impedir que o enxeñeiro acudise a explicar a obra "in situ" ao PP foi, segundo Moreira, que non pode estar atendendo a todas as chamadas dos grupos da oposición. Os populares non entenden esta actitude cando "siempre tuvimos la mano tendida y no entiendo por qué a la oposición no se le permite tener los detalles de esta obra que hoy se pone en marcha".