O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, alerta sobre a "lectura controvertida" que se está a facer desde Vigo para reclamar para esta cidade a capitalidade xudicial da provincia.
Segundo Jacobo Moreira, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, está a fronte da mobilización que xurdiu desde Vigo "para reclamar para esta cidade a capitalidade xudicial da provincia" aproveitando o anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial presentado a principios de mes polo Goberno de España.
"Porque non están conformes con acoller unha subsede, nin sequera con seguir como cabeceira dun partido xudicial, senón que, como consideran difícil o establecemento de excepcionalidades provinciais, demandan directamente converterse na sede principal, é dicir, ser a capital xudicial", explica o xefe da oposición en Pontevedra.
Moreira di estar "alucinado" con feito de ser ata agora o único representante público que defendeu que a iniciativa lexislativa, porque "non só non prexudica a Pontevedra, senón todo o contrario".
Insiste Moreira que "Pontevedra é a capital da provincia e vai seguir séndoo, e polo tanto ten asignada a priori unha das sedes principais dos denominados tribunais de Instancia".