Moreira buscará o apoio dos funcionarios para frear a compra do novo local municipal

Pontevedra
19 de abril 2017

O Partido Popular insiste. A compra do novo local municipal de rúa dos Ferreiros é un "capricho" do goberno municipal e supoñerá un "despilfarro" de dous millóns de euros, entre a adquisición e o seu acondicionamento. Por iso, buscarán o apoio dos funcionarios para forzar ao BNG para poñer freo a esta operación

Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra
Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra / Mónica Patxot

O Partido Popular insiste. A compra do novo local municipal de rúa dos Ferreiros é un "capricho" do goberno municipal e supoñerá un "despilfarro" de dous millóns de euros, entre a adquisición e o seu acondicionamento. Por iso, buscarán o apoio dos funcionarios para forzar ao BNG para poñer freo a esta operación.

Os populares reuniranse este xoves coa xunta de persoal do Concello para pulsar a súa opinión sobre a compra deste local e, segundo Jacobo Moreira, "explicarlles que existen outras alternativas" para resolver os problemas de espazo da administración municipal.

Así, o portavoz do PP reiterou que unha solución "definitiva" sería que o Concello ocupase o antigo edificio de Facenda na Ferrería e unha alternativa "más económica" sería usar as dúas plantas que están libres no antigo Banco de España, que mantería as dependencias administrativas en dous edificios contiguos.

A "obstinación" do goberno con este local alimenta, segundo os populares, as "dudas" que lles xera unha operación que "solo va a beneficiar al banco que es dueño de la propiedad", porque denuncian que no expediente "no figuran otras opciones" e quérese comprar o local por adxudicación directa "cuando lo normal sería una concurrencia pública de ofertas".

Neste sentido, Moreira explicou que solicitarán un informe ao secretario municipal para coñecer "con detalle" o procedemento levado a cabo para a compra deste local e se, legalmente, podería ser posible un aluguer con opción a compra do inmoble "por si dentro de dos o tres años aparece una oferta mejor".

A compra deste local, reitera Moreira, non solucionará os problemas de dispersión existentes nos servizos do Concello polo que o PP espera que, ata que o próximo mes de xuño non se formalice esta operación, "tenemos margen de tiempo" para convencer ao goberno municipal que adquirir o inmoble "es un error".