Moreira garante que o PP terá o "mejor candidato" en Pontevedra "aunque no sea yo"

Pontevedra
27 de febreiro 2018

O Partido Popular espera decidir "canto antes" o nome dos seus candidatos para as eleccións municipais de 2019 nas grandes cidades. Así o recoñece o presidente provincial, Alfonso Rueda

Jacobo Moreira, portavoz municipal do Partido Popular
Jacobo Moreira, portavoz municipal do Partido Popular / Mónica Patxot

O Partido Popular espera decidir "canto antes" o nome dos seus candidatos para as eleccións municipais de 2019 nas grandes cidades. Así o recoñece o presidente provincial, Alfonso Rueda.

Entre elas, queda por resolver a incógnita de Pontevedra, onde se chegou a encargar unha enquisa para pulsar a opinión dos pontevedreses sobre catro candidatos: Lupe Murillo, José Benito Suárez Costa, José Manuel Valenzuela e o actual portavoz, Jacobo Moreira.

Este último, preguntado este martes sobre as súas aspiracións para repetir como candidato ás próximas municipais, limitouse a sinalar que os populares "va a apostar fuerte" por gañar as eleccións e recuperar a Alcaldía de Pontevedra.

Moreira, en todo caso, non quixo desvelar a súa postura persoal acerca de todo este proceso de selección de candidatos.

Iso si, o portavoz do PP en Pontevedra garantiu que os populares escollerán ao "mejor candidato" para encabezar a candidatura popular "aunque no sea yo", que estará arroupado polo "mejor equipo", ao asegurar que o partido "está por encima" de calquera persoa concreta.