Moreira: "Los vecinos apuestan ya por un cambio en el Concello"

Pontevedra
09 de novembro 2013

O Partido Popular valora coma un "éxito" a protesta que este sábado protagonizaron centos de cidadáns ocupando o carril cortado ao tráfico na ponte da Barca para pedir a súa reapertura á circulación rodada

O Partido Popular valora coma un "éxito" a protesta que este sábado protagonizaron centos de cidadáns ocupando o carril cortado ao tráfico na ponte da Barca para pedir a súa reapertura á circulación rodada.

O voceiro municipal do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, afirmou que "a pesar del día horrible que ha hecho (con frío y lluvia) yo creo que hay que calificarlo como un éxito" ao seu xuízo demostra que os cidadáns de Pontevedra e Poio "ya no aceptan decisiones unilaterales impuestas y no consensuadas con los vecinos".

Os populares cren que a resposta a esta cadea humana debe ser unha "rectificación". Pero Jacobo Moreira vai máis alá e engade que "a un año y medio de las elecciones, creo que los vecinos apuestan por cambios en el Concello, porque ya no soportan no ser escuchados, ni estas políticas del ordeno y mando".

Jacobo Moreira asegurou que o seu grupo insistirá nas súas críticas para que o goberno local de Pontevedra rectifique na súa decisión de cortar ao tráfico o carril de saída de Pontevedra pola ponte da Barca, "que entren en razón", afirmou "porque está perjudicando a los intereses de la ciudad".

Igualmente o voceiro popular en Poio, Ángel Moldes, apuntou que a mensaxe trasladada con esta "protesta cívica" foi "moi claro" e agora "toca escoitar".

DISPOSTOS A ESIXIR DEMISIÿNS

Moldes indicou que dende o seu grupo municipal non van compartir é a actitude do goberno coaligado de Poio (BNG-PSOE) acaba de presentar unha emenda á moción do PP relacionada coa ponte da Barca na que os nacionalistas reclaman a Xunta de Galicia que reabra a ponte nas dúas direccións unha vez que rematen as obras de Acuaes na zona.

"Entendemos que iso é unha falta de respecto aos veciños porque a ponte non está cortada pola Xunta", dixo Ángel Moldes, senón polo goberno local de Pontevedra "que o que fai é unha recondución do tráfico dentro dos termos municipais".

Se os grupos municipais do BNG e PSdeG-PSOE de Poio non retiran esta emenda anuncia Ángel Moldes que os populares de Poio pedirán as dimisións do alcalde, Luciano Sobral e a súa socia de goberno, a tenente de alcalde, Chelo Besada.