Unha muller faleceu este venres en Pontevedra tras ser atropelada por un vehículo agrario, un motocultor que traballaba dentro dunha leira privada.
O accidente produciuse minutos despois das 13:45 horas no lugar de Guxilde, na parroquia pontevedresa de Alba, segundo informou o 112 Galicia.
O persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trasladados ao momento do atropelo, só puido confirmar a morte da vítima.
Desde o 112 Galicia mobilizaron ademais a axentes da Policía Local e da Policía Nacional, que se fixeron cargo da investigación deste suceso.
Morre unha muller en Alba atropelada por un vehículo agrario
Pontevedra
25
de abril
2025
O persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trasladados ao momento do atropelo -dentro dunha leira privada-, só puido confirmar a morte da vítima
Máis novidades