Mosquera, sobre o futuro da Brilat: "Propietarios e Defensa están condenados a entenderse"

Pontevedra
11 de setembro 2013

O concelleiro do grupo de goberno indicou que as negociacións atópanse nun momento de tira e afrouxa. E apuntou a que aínda queda "moito recorrido" para chegar a un acordo entre ámbalas partes

Mandos militares diante de parte dos terreos da Brilat na base General Morillo
Mandos militares diante de parte dos terreos da Brilat na base General Morillo / PontevedraViva
César Mosquera cre que os comuneiros e Defensa están condeados a entenderse /

Tras a última reunión entre os comuneiros de Salcedo e representantes do ministerio de Defensa para establecer o canon dos terreos que ocupa a Brilat, o concelleiro do grupo de goberno municipal, César Mosquera, avaliou como se está a desenvolver esta negociación: "Segue a súa lóxica tal e como se enfocou".

O edil mostrouse optimista de cara á chegada a un acordo: "Propietarios e Defensa están condenados a entenderse" e engadiu que o Ministerio non ten as mans libres para negociar neste momento e que o tempo curará as asperezas que mostran os comuneiros. "Sería case imposible que non rematasen dunha maneira lóxica. Aínda queda moito recorrido" sentenciou.

Ao ser preguntado sobre a intervención do goberno local neste conflito, César Mosquera indicou que "o traballo que sae publicamente é unha parte mínima do traballo que facemos. Pero o Concello nunca vai dicir nada que poida dificultar ás partes chegar a un acordo".

E repetiu o mesmo que respondera o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no pleno ante as preguntas do portavoz do PP, Jacobo Moreira: "O Concello fixo, según a súa responsabilidade, o que tiña que facer".

Arquivado en