Un mozo de 26 anos, detido en Sanxenxo con haxix, marihuana e cocaína preparada para a súa venda

Sanxenxo
08 de xullo 2026

O detido, tras ser identificado pola Garda Civil nun control na PO-308, acabou entregando voluntariamente aos axentes toda a droga que levaba

Drogas incautadas en Sanxenxo Guardia Civil de Pontevedra

Un mozo de 26 anos, veciño de Vilagarcía de Arousa, foi detido en Sanxenxo con haxix, marihuana e cocaína preparada para a súa venda.

O arresto produciuse onte martes no marco dun control que a Garda Civil despregara na estrada PO-308, á entrada do municipio.

Os axentes deron alto a un vehículo no cal viaxa como acompañante este mozo que, segundo o instituto armado, tiña unha actitude nerviosa.

Despois de que os ocupantes foran identificados e informados de que se lles ía a realizar un rexistro superficial, esta persoa entregou voluntariamente a droga que levaba.

Tratábase de 100 gramos de haxix, 100 gramos de marihuana divididos en dous paquetes de 50 cada un e 10 gramos de cocaína.

O detido foi posto en liberdade en sede policial e as dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia de Cambados.

Con esta actuación, destaca a Garda Civil, evitouse que unha importante cantidade de sustancias estupefacientes puidese chegar ao mercado, reforzando a seguridade cidadá e reducindo os riscos asociados ao tráfico de drogas.