Mozos de Marrocos e Armenia fan voluntariado ambiental no río Gafos

Pontevedra
24 de abril 2018

O colectivo ecoloxista Vaipolorío retoma a súa colaboracio´n como entidade acreditada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia  para participar en proxectos de voluntariado europeo. A primeira das colaboracións será este sábado 28 de abril 

Xornada de mantemento do río Gafos
Xornada de mantemento do río Gafos /

O colectivo ecoloxista Vaipolorío retoma a súa colaboración como entidade acreditada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia  para participar en proxectos de voluntariado europeo.

A participación do colectivo pontevedrés será a través de Ticket2europe, acreditada como entidade coordinadora.

A primeira das colaboracións será este sábado 28 de abril. Dous mozos de Marrocos e Armenia realizarán no río Gafos traballos de control e erradicación da especie exótica e invasora Cortaderia selloana, coñecida como 'herba da pampa'.