Mulleres en Igualdade e 'Somos Ponte Caldelas' promoven un seminario de defensa persoal

Ponte Caldelas
09 de novembro 2018
Actualizado: 10 de novembro

O colectivo Mulleres en Igualdade dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas fai fincapé na importancia dunha serie de cursos e talleres onde as mulleres da zona "adquiran coñecementos para afrontar sen medo o día a día"

Obradoiro de defensa persoal
Obradoiro de defensa persoal / Gobierno Cholula

O colectivo Mulleres en Igualdade dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas e a asociación cultural 'Somos Ponte Caldelas' fan fincapé na importancia dunha serie de cursos e talleres onde as mulleres da zona "adquiran coñecementos para afrontar sen medo o día a día".

Para iso, puxeron en marcha un seminario de defensa persoal a cargo de Yohanna Alonso e o obradorio de acceso ás habilidades dixitais achegando as novas tecnoloxías ás mulleres do rural.

Estes colectivos destaca a idea de que a loita pola igualdade "ten que ser durante os 365 días que ten o ano" e que a maneira de rematar coa lacra das violencias machistas é "aportando, informando e axudando con ferramentas que eleven a autoestima, aumente os coñecementos e erradiquen a falsa idea de que a muller sen o home non é nada".

Anuncian, ademáis, que o 25 de novembro lerán o seu particular manifesto facendo unha reflexión sobre os datos do 2018.