Multan un mozo en patinete que triplicaba a taxa de alcol

Poio
29 de setembro 2021

Unha patrulla da Policía Local interceptou un home e unha muller que circulaban sobre un patinete eléctrico. Sometido ao condutor á proba de alcoholemia, o home deu un resultado de 0,63 miligramos por libro de aire expirado, polo que os axentes procederon á súa denuncia e á inmobilización do patinete

Patinete eléctrico inmobilizado
Patinete eléctrico inmobilizado / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio multou un mozo que circulaba en patinete triplicando a taxa de alcoholemia. O incidente tivo lugar á unha da madrugada do pasado sábado no a rúa Camiño da Fábrica, na Seca. 

Unha patrulla da Policía Local interceptou un home e unha muller que circulaban sobre un patinete eléctrico. Sometido ao condutor á proba de alcoholemia, o home deu un resultado de 0,63 miligramos por libro de aire expirado, polo que os axentes procederon á súa denuncia e á inmobilización do patinete. 

Pouco despois, achegouse ao lugar outro home, que dixo aos axentes que era o propietario do vehículo de mobilidade persoal (VMP), e fíxose cargo do mesmo.

Tramitouse unha denuncia administrativa por circular nun ciclo cunha taxa superior á permitida que conleva un importe económico de 1.000 e outra por circular dous ocupantes nun vehículo constituído para unha soa persoa. As infraccións non conlevan retirada de puntos.

Segundo a normativa vixente, e do mesmo xeito que aos automobilistas e ciclistas, os condutores de  VMP tamén poden ser sometidos a controis de alcoholemia. A velocidade máxima é de 25 quilómetros por hora e teñen prohibido circular pola beirarrúa.

Non levar casco está permitido, aínda que se recomenda o seu uso, a non ser que o condutor teña menos de 16 anos e non é necesaria unha póliza de seguro, aínda que si recomendable. Non poderán utilizar auriculares ou móbiles.