Multitudinaria festa pirata infantil á espera da chegada de Benito Soto

Pontevedra
25 de febreiro 2020

A partir das cinco da tarde, celebrouse a festa pirata infantil, na que os máis pequenos gozaron da animación do grupo  Rivel e a música de varios DJ como Jamar discoteca móbil. Bailaron, xogaron e ríronse coas actividades programadas e dirixidas desde o escenario da Ferrería  

Festa infantil pirata en Pontevedra / Roberto Alonso Pereira

Centos de piratas invadiron na tarde deste martes a praza da Ferrería como aperitivo para a incursión prevista durante a Noite Pirata que a partir das 22.00 horas encherá as rúas do centro con Benito Soto e a súa Burla Negra, a fragata británica Morning Star e o barco francés Trois Mers

A partir das cinco da tarde, celebrouse a festa pirata infantil, na que os máis pequenos gozaron da animación do grupo Rivel e a música de varios DJ como Jamar discoteca móbil. Bailaron, xogaron e ríronse coas actividades programadas e dirixidas desde o escenario da Ferrería. 

Na edición deste ano chamou a atención non só a multitudinaria participación da festa, moito máis elevada que a de anos anteriores senón tamén a gran cantidade de adultos que tamén sacaron á rúa os seus traxes de piratas e corsarios.  

A festa forma parte da programación de Entroido do Concello de Pontevedra, que pode consultarse nesta ligazón

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en