Multitudinario adeus ao ex alcalde Queizán

Pontevedra
26 de novembro 2012

Centos de pontevedreses e destacados representantes de organizacións empresariais, partidos políticos e o goberno da Xunta deron esta noite o seu último adeus a Joaquín Queizán, o ex alcalde de Pontevedra, que faleceu o pasado sábado aos 84 anos de idade

Funeral do ex alcalde de Pontevedra, Joaquín Queizán
Funeral do ex alcalde de Pontevedra, Joaquín Queizán / PontevedraViva

Centos de pontevedreses e destacados representantes de organizacións empresariais, partidos políticos e o goberno da Xunta deron esta noite o seu último adeus a Joaquín Queizán, o ex alcalde de Pontevedra, que faleceu o pasado sábado aos 84 anos de idade.

Foron moitos os cidadáns que habéndolle coñecido persoal e profesionalmente quixeron acudir á misa funeral celebrada na Basílica de Santa María a Maior.

Concelleiros da corporación municipal de Pontevedra, o exvicepresidente da Deputación e ex presidente do Patronato do Museo, Bernardo López Abadín, o alcalde de Barro, José Antonio Landín, o ex alcalde de Vigo, Manuel Pérez, o Secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, todos eles coincidiron en destacar a figura deste político "respetuoso e dialogante".

A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, afirmou que "todos os que están aquí dan a medida do querido e apreciado que era".

Finalmente Rojo asegurou que Queizán foi "un exemplo, neses tempos tan difíciles, xa que por encima das ideoloxías sempre soubo respectar a todos".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora