Muros de contención de nove metros sosterán o novo mercado de Sanxenxo

Sanxenxo
07 de decembro 2023

A obra do novo mercado de Sanxenxo están a centrarse na construción dos muros de contención de formigón que van a nove metros de profundidade. Unha vez concluídos, darase comezo á escavación do terreo e baleirado da parcela para iniciar a construción do paso soterrado e o aparcadoiro

Obras de construción do novo mercado de Sanxenxo
Obras de construción do novo mercado de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

A obra do novo mercado de Sanxenxo están a centrarse na construción dos muros de contención de formigón que van a nove metros de profundidade.

Unha vez concluídos, darase comezo á escavación do terreo e baleirado da parcela para iniciar a construción do paso soterrado e o aparcadoiro.

O goberno galego financia estas intervencións aportando un millón de euros e o Concello licita, executa os traballos e achega o investimento restante, algo máis de 1,3 millóns. 

O obxectivo do acordo é a humanización da contorna da praza de abastos mediante o soterramento do tráfico na Rúa de Madrid e ata a súa intersección coa estrada autonómica PO-308, que une Pontevedra coa Lanzada.

O Concello convocou un concurso de ideas para a execución dunha intervención integral na que se inclúe o novo edificio do mercado e dependencias municipais.

A proposta gañadora, "Os luns ao sol", ademais deste novo equipamento municipal, ofrece solución aos problemas de circulación na zona, evitando a conxestión de tráfico e a inseguridade. 

A intervención reduce o espazo urbano destinado á circulación de vehículos e prima a rexeneración de espazos públicos nos que os peóns gañen protagonismo.

As actuacións recollidas neste acordo centraranse na execución dun paso inferior para o tráfico da rúa de Madrid, desde o que se dará entrada ao aparcamento do novo edificio do mercado.

Tamén se procederá á reurbanización da Rúa de Madrid, desde a Rúa Panadeira ata o seu encontro coa glorieta de intersección da propia rúa de Madrid coa rúa Progreso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora