Música e divulgación ambiental en Cuntis para celebrar a San Bieito

Umia
09 de xullo 2026
Praza da Constitución de Cuntis
Praza da Constitución de Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis programa dúas actividades nestes próximos 10 e 11 de xullo para celebrar a onomástica de San Bieito.

O venres 10, ás dez da mañá, comezará unha proposta de posta en valor da riqueza natural do municipio. Con enfoque didáctico, a actividade está pensada para poboación infantil e xuvenil, entre tres e catorce anos.

Sairá desde o CPI Aurelio Marcelino Rey García e dirixirá o paseo divulgativo Xosé Ramón Reigada, experto en flora e fauna.

O sábado 11, día de San Benito, ás 22.00 horas na Praza da Constitución ofrecerase a actuación en directo da artista Vanesa Muela e A Banda Traka.

O concerto forma parte da iniciativa cultural '+Música' da Deputación de Pontevedra.

Desde as 20.30 horas estarán instaladas atraccións inchables gratuítas para o público infantil.

O Concello de Cuntis convida a toda a poboación a participar nos actos organizados e a celebrar conxuntamente as festas de San Bieito.