O Concello de Cuntis programa dúas actividades nestes próximos 10 e 11 de xullo para celebrar a onomástica de San Bieito.
O venres 10, ás dez da mañá, comezará unha proposta de posta en valor da riqueza natural do municipio. Con enfoque didáctico, a actividade está pensada para poboación infantil e xuvenil, entre tres e catorce anos.
Sairá desde o CPI Aurelio Marcelino Rey García e dirixirá o paseo divulgativo Xosé Ramón Reigada, experto en flora e fauna.
O sábado 11, día de San Benito, ás 22.00 horas na Praza da Constitución ofrecerase a actuación en directo da artista Vanesa Muela e A Banda Traka.
O concerto forma parte da iniciativa cultural '+Música' da Deputación de Pontevedra.
Desde as 20.30 horas estarán instaladas atraccións inchables gratuítas para o público infantil.
O Concello de Cuntis convida a toda a poboación a participar nos actos organizados e a celebrar conxuntamente as festas de San Bieito.