Musicomedia familiar para a velada do venres en Cuntis

Umia
29 de xullo 2020

O  Concello apunta a fantástica resposta de diversas actividades da programación cultural estival, a pesar dos condicionantes da conxuntura sanitaria

Nenos participantes nos obradoiros do 'Verán cultural' de Cuntis
Nenos participantes nos obradoiros do 'Verán cultural' de Cuntis / Concello de Cuntis

O programa cultural estival do Concello de Cuntis para a noite do próximo venres 31 está dirixido ao público familiar. Poderán gozar dun espectáculo de musicomedia titualdo 'Concerto con fusión' e correrá a cargo do grupo de percusión Píscore. Comezará á 21.00 horas na Praza da Consttitución. Ofrecerán unha actuación que mestura música, comedia gestual, teatro, clown e tamén a participación do público.

Esta actuación forma parte das propostas do 'Verán cultural' que o Concello está a ofrecer durante estes meses á poboación nova e infantil de Cuntis. Ademais de proporcionar unhas actividades lúdicas e culturais a esta poboación, tamén se pretende facilitar a conciliación laboral e familiar entre os adultos.

Ademais, nesta complicada tesitura sanitaria, as actividades desenvólvense atendendo as recomendacións de seguridade e prevención entre os participantes. Os talleres 'Compartarte' e ' Cativarte' están a conseguir unha fantástica acollida, minguada con todo respecto a edicións pasadas, do mesmo xeito que o curso de xadrez.

Dado que a programación continúa en agosto, mantéñense abertas as inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil, tamén chamando ao teléfono 986 53 36 00 e no correo electrónico [email protected]