Na busca da mellor tapa de Pontevedra

Pontevedra
02 de novembro 2017

Durante 18 días, os pontevedreses temos unha misión: buscar a mellor tapa da cidade. Un total de 52 locais de hostalería compiten na décima edición do certame Pontedetapas, que se celebra ata o próximo 19 de novembro

Pontedetapas 2017
Pontedetapas 2017 / Mónica Patxot

Durante 18 días, os pontevedreses temos unha misión: buscar a mellor tapa da cidade. Un total de 52 locais de hostalería compiten na décima edición do certame Pontedetapas, que se celebra ata o próximo 19 de novembro.

Un total de 64 elaboracións buscarán o favor do público. En concreto, haberá 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 cócteles a concurso.

Un ano máis, os organizadores apostaron por manter os prezos de dous euros por tapa e de tres euros por cóctel, coa bebida non incluída.

Pontedetapas, segundo destacou a concelleira de Promoción económica, Anabel Gulías, servirá para pechar a programación gastronómica da cidade e espera que "todo o mundo veña a probar as tapas e que estean encantados con elas".