Cúmprense cincuenta anos de existencia do CEIP Plurilingüe do Carballal e a comunidade educativa decidiu poñer en marcha unha iniciativa denominada '50 anos argallando'.
O seu obxectivo é recompilar fotografías e vídeos en calquera formato do paso de profesorado, alumnado, traballadores e demais persoal que estivo vinculado ao centro marinense durante o últimas cinco décadas.
Aquelas persoas que queiran achegar as súas imaxes poden entregalas na secretaría do centro escolar; a través da páxina web do colexio; ou utilizando o teléfono 886.151.357. O prazo de entrega de material finaliza o 16 de maio.
Desde o centro comprométense a escanear e/o copiar o material para ser devolto ás persoas que o entregaron.
Con todos estes documentos realizarase unha exposición que se poderá visitar a partir do 2 de xuño, data na que está prevista tamén a festa-romaría na que haberá oco a recordos, anécdotas, música e homenaxes.