Nas últimas 24 horas confirmáronse 92 novos casos de coronavirus na área sanitaria

Pontevedra
02 de decembro 2021

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este xoves 2 de decembro, 667 persoas con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 75 máis que onte mércores.  

Saída da misa en San Francisco
Saída da misa en San Francisco / Cristina Saiz

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este xoves 2 de decembro, 667 persoas con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 75 máis que onte mércores. 

Nas últimas 24 horas confirmáronse 92 novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.

O número de pacientes hospitalizados é de 21 persoas atendidas en planta de hospitalización. Destes, 19 están no Hospital Montecelo e 2 no Hospital do Salnés. Hai 3 pacientes ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. 

O resto dos que contraeron o virus, 643 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 21.447 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 18 máis nas últimas 24 horas. Durante a pandemia rexistráronse 207 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria. A última onte mércores, en Montecelo, unha muller de 81 anos que presentaba patoloxías previas.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nas últimas horas 714, o que suma un total de 319.121. A estas probas súmanse as 161.805 probas de antíxenos e outras 111.900 probas de detección realizadas ata a data.