Os actos relixiosos da Semana Santa pontevedresa continuaron este martes, 31 de marzo, coa celebración dunha nova cita procesional.
Tras a misa das 20:00 horas na igrexa de San Bartolomé, a procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza iniciou o seu percorrido polas rúas da zona antiga da cidade.
No desfile participaron os integrantes da Confraría do noso Pai Xesús do Silencio, que contaron co acompañamento da Confraría da nosa Nai da Maior Dor.
Ademais, o acto tivo a presenza de representantes das distintas irmandades da cidade. O itinerario transcorreu polas rúas Sarmiento, Real, Curros Enríquez e os Soportais, para continuar polo paseo de Antonio Odriozola e as rúas Laranxo e Pasantería, antes de regresar ao templo de saída.
A Confraría do Silencio ten as súas orixes no ano 1952, cando foi fundada por un grupo de estudantes pontevedreses en Santiago de Compostela.
Pola súa banda, a irmandade da nosa Nai da Maior Dor, creada tamén na década dos 50, e que no ano 2024 deixou de ser a única formación composta integramente por mulleres na cidade. Deste xeito, ao xa tradicional traxe feminino negro con mantilla negra e luvas, incorporouse como opción un hábito penitencial con túnica, capa e capirote negro.
Actualmente, esta agrupación conta cun centenar de confrades e é a única das sete irmandades locais que asiste a todos os actos procesionais programados.
A programación relixiosa prosegue este mércores, 1 de abril. Ás 21:00 horas está prevista a saída da procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa cruz ao lombo.
O desfile partirá desde a Basílica de Santa María e percorrerá novamente as rúas do centro histórico de Pontevedra. Nesta ocasión, o acto contará coa participación da confraría da nosa Nai da Maior Dor, ademais de representantes doutras irmandades e fieis.

Procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza