Nenos do Sagrado Corazón de Placeres achéganse á parálise cerebral

Pontevedra
12 de novembro 2017

Seis membros da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) de Vigo foron os protagonistas dunha xornada de concienciación que se celebrou no colexio Sagrado Corazón de Placeres

Persoas con parálise cerebral con nenos en Praceres
Persoas con parálise cerebral con nenos en Praceres / Sagrado Corazón de Placeres

Seis membros da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) de Vigo foron os protagonistas dunha xornada de concienciación que se celebrou no colexio Sagrado Corazón de Placeres.

Alumnos de quinto e sexto de Primaria, xunto con nenos das dúas aulas de Educación Especial, compartiron unha xornada con homes e mulleres que teñen esta discapacidade, gozando das experiencias que lles narraron en primeira persoa.

En concreto, descubriron o programa Discamino, que busca conseguir que a ruta xacobea de peregrinación a Santiago sexa máis accesible para todos.

O obxectivo desta actividade, sinalan desde o colexio, era concienciar aos alumnos sobre a diversidade que existe na sociedade, partindo da base que de todas as persoas son diferentes e que todas teñen as mesmas capacidades.

José Varela, Javi Fernández, Ana Soage, Fani Pérez, David Gil e Gerardo Fernández, persoas con parálise cerebral, xunto cos seus acompañantes, explicaron aos nenos en que consiste a súa discapacidade.

Ademais, mostráronlles as diferentes tipoloxías que hai, como dirixirse a eles, como tratalos con normalidade e as súas experiencias realizando o Camiño de Santiago desde diferentes lugares.

Sen dúbida, toda unha fermosa lección de entrega, esforzo e superación.