Pontevedra e Estados Unidos están estes días máis preto que nunca grazas ao Sagrado Corazón dos Praceres.
O colexio organiza un intercambio cultural e idiomático con alumnas do país norteamericano, que pronto visitarán os seus propios estudantes.
Así, alumnos e alumnas do colexio Sagrado Corazón de Praceres acollen estes día a alumnas da NOLA "New Orleans Academy", tamén da mesma rede de centros escolares.
Tras esta visita, o 26 de agosto será a quenda das mozas e mozos pontevedreses, que terán a oportunidade de viaxar a New Orleans e perfeccionar o seu inglés durante dúas semanas, ademais de aprender sobre a cultura estadounidense.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.