Nin o Rei, nin Rajoy, nin o Elcano asistirán á entrega de Reais Despachos en Marín

Marín
12 de xullo 2016

O ministro de Defensa en funcións, Pedro Morenés, presidirá o acto da entrega de Reais Despachos en Marín aos novos oficiais da Armada

Día do Carme na Escola Naval de Marín

O rei Felipe VI non estará en Marín para a entrega de despachos da Armada.

Ao asistir o ano pasado, nesta ocasión a Escola non poderá contar coa presenza do monarca, que asistirá a un evento similar na academia do Exército de Terra de Zaragoza.

Pero non será o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, senón o seu ministro de Defensa en funcións, Pedro Morenés, o que presida o vindeiro sábado 16 de xullo, o acto de entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada e, a xura de bandeira dos alumnos de primeiro curso da Escola Naval Militar de Marín.

Tampouco será posible gozar da presenza do buque escola Juan Sebastián Elcano.

No Día da Virxe do Carme terá lugar tamén a xura de bandeira dos alumnos de primeiro curso.