Ningún positivo no cribado masivo realizado en Meis

O Salnés
20 de febreiro 2021

O cribado masivo realizado entre o venres e o sábado no Concello de Meis na poboación de 30 a 60 anos non detectou ningún positivo por covid-19

Cribado para detectar asintomáticos
Cribado para detectar asintomáticos / Mónica Patxot

O cribado masivo realizado no Concello de Meis non detectou ningún positivo por covid-19.

O cribado voluntario tivo lugar no centro de saúde de Mosteiro entre a tarde do venres e a mañá do sábado. Estaban convocados as persoas de 30 a 60 anos de idade con tarxeta activa no centro de saúde do municipio.

En total, 1.655 persoas das que asistiron un total de 1.170. Esta cifra supón un 70,6% da convocatoria.

Para levar a cabo este cribado, o centro de saúde de Mosteiro con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.