Nivelado e nova capa de xabre para o aparcadoiro disuasorio do antigo mercado provisional

Pontevedra
06 de maio 2015

Se o tempo o permite os traballos de acondicionamento deste espazo comezará o próximo luns 11 de maio. O Concello iniciou ademais os traballos para habilitar un novo aparcadoiro próximo ao IES Torrente Ballester

Aparcadoiro disuasorio fronte ao Pabillón dos Deportes
Aparcadoiro disuasorio fronte ao Pabillón dos Deportes

Se a climatoloxía o permite o próximo luns 11 de maio iniciaranse os traballos de acondicionamento no aparcadoiro disuasorio do antigo mercado provisional, fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes.

Trátase dunha actuación que se debe realizar unha vez superado o inverno co obxectivo de nivelar o firme da parcela, propiedade de Costas, e aplicar unha nova capa de xabre que elimine no posible os charcos que alí se forman.

Ademais o Concello de Pontevedra iniciou esta semana as obras para habilitar unha nova zona de aparcadoiro próxima ao IES Torrente Ballester, na Avenida de Vigo.

Estes traballos iniciáronse coa explanación do terreo e rematarán co seu asfaltado, nunha superficie de 3.500 metros cadrados na que se crearán un centenar de prazas de aparcadoiro.