Nodosa despacha unha peza de 95 toneladas

Pontevedra
03 de novembro 2015

O estaleiro Nodosa sacou este martes dos seus talleres, no peirao de reparacións, unha peza de gran tamaño que foi trasladada por mar cun remolcador ata outro estaleiro

Traballos no astaleiro de Nodosa
Traballos no astaleiro de Nodosa /

O estaleiro Nodosa sacou este martes dos seus talleres, no peirao de reparacións, unha peza de gran tamaño que foi trasladada por mar cun remolcador ata outro estaleiro.

Trátase da parte central dun pesqueiro que Nodosa está a construír.

É un palangreiro de 60 metros de eslora, que terá bandeira inglesa e faenará no caladoiro de Malvinas.

Para a manipulación da peza que se trasladou este martes de aproximadamente 95 toneladas, empregáronse tres guindastres de gran porte.

Hai outra peza lista saíndo do mesmo taller, tamén destino ao estaleiro onde se ensamblarán as tres partes do barco: proa, popa e parte central. Está previsto que as operacións continúen o mércores.

Trátase dun encargo dun armador británico por 13 millóns de euros.