Noite de autocine en Marín

Marín
12 de outubro 2020

A Praza do Regueiro converteuse na noite deste sábado nun autocine no que se puido ver dende o coche a proxección ao aire libre da película Joker

Organización dun autocine en Marín
Organización dun autocine en Marín / Concello de Marín

A Praza do Regueiro converteuse na noite deste sábado nun autocine no que se puido ver dende o coche a proxección ao aire libre da película Joker.

Unha iniciativa coa que se buscaba ofrecer unha alternativa cultural aos consumidores máis fieis do comercio e da hostalaría locais da vila, xa que as entradas conseguíronse acumulando 50 euros en tickets de compra.

A pandemia do coronavirus rescatou esta fórmula de lecer como unha maneira segura de poder gozar da sétima arte. A intimidade que antes buscaban as parellas no interior do vehículo deu paso á barreira que agora se persegue para manter a distancia social.