Noite de morcegos no río Gafos

Pontevedra
15 de maio 2013

Marta Cerviñoa> ofrécenos unha reportaxe sobre a exploración de morcegos durante unha das actividades organizada pola Asociación Vaipolorío ao longo da senda do Gafos

O sábado 11 de maio, Noites abertas organizou unha ruta guiada polo río Gafos coa Asociación Vaipolorío. Chamábase a Noite dos morcegos e malia que o primeiro que se lle ven a un á cabeza son escenas de terror, o certo é que non ten nada que ver.

Consistía nunha xornada de captura, estudo e explicacións das características dos morcegos, por parte dos membros da Asociación Drosera, có obxectivo de dar a coñecer de desmitificar falsas lendas que se lles atribúen, así como escoitar os seus sons mediante aparellos de ultrasons e gozar da sensación de observalos de preto.

subir imagenes

Momento de captura dun morcego.

subir imagenes subir imagenes

Escoitando os seus sons.

subir imagenes

Gozando da observación e do estudo de estes seres entrañables amósovos unha foto dun Pipistrellus Pipistrellus, un dos morcegos que puidemos contemplar durante a actividade.

Aproveito para comentaros que o sábado 25 de maio a partir das 17 horas na Praza de Curros Enríquez será a Festa Final de Noites Abertas 2013 con exhibicións, concertos e actividades, na que todos estades invitados. A Festa estaba prevista para este sábado 18 pero debido á previsión de chuvia, a organización decidíu aprazalo unha semana.

 

Fotografías de © Marta Cerviño

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora