Noites Abertas bótase á rúa

Pontevedra
30 de abril 2021

A XXII edición do programa municipal de Xuventude, que comezara a súa actividade de maneira telemática e coa mirada posta na evolución da situación sanitaria, está a comezar a abrirse ao exterior, comezando con dúas actividades este venres 30 de abril

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presenta o programa de Noites Abertas
O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presenta o programa de Noites Abertas / PontevedraViva

Despois dun inicio telemático e coa mirada posta na evolución da pandemia, a XXII edición de Noitas Abertas empeza a abrirse e a saír ao exterior.

Farao coas súas primeiras actividades en espazo público, previstas para este mesmo venres 30 de abril.

En concreto unha das propostas é 'Defensa persoal con obxectos cotiáns', cos seus participantes citados ás 20.00 horas na Avenida de Montero Ríos, mentres que á mesma hora comezará na Praza da Peregrina a actividade 'Caderno de campo de Pontevedra'.

Xa na presentación da actual edición o edil de Xuventude, Alberto Oubiña, adiantara que "á mínima oportunidade de cambio que poidamos, sacaremos Noites Abertas á rúa, porque o programa deste está concibido como un espazo para socializar no espazo público ao aire libre, nas rúas, nas prazas e nos soportais".

A programación de Noites Abertas vaise actualizando na páxina web noitesabertas.gal para indicar cales son as actividades que cambian o formato en liña polo presencial. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora